Menú Cerrar

Instalacións

O Campo Municipal de Fútbol A Porta Santa é a instalación onde todas as categorías do Paiosaco disputa os seus partidos como local.
O propietario das instalacións é o Concello da Laracha, e por unha serie de acordos o club dispón do uso preferencial delas.
O seu terreo de xogo é de céspede artificial de nova xeración (instalado no ano 2018) cunhas dimensións de 105 x 65 metros.
Conta cunha bancada cuberta con capacidade para 250 espectadores (con asento), sendo a capacidade total do recinto para máis de 500 persoas.
Atópase a poucos metros do antigo campo, do mesmo nome, e foi inaugurado o 1 de outubro de 2005.
Dende a súa inauguración o recinto someteuse a diversas melloras propostas polo club e que contaron co apoio do concello para levalas a cabo, entre ditas melloras destacan a xa mencionada substitución do céspede(2018), instalación de asentos nas gradas (2013), acondicionamento da cantina(2013), ampliación de banquillos(2013), creación de sala de fisioterapia (2021)…