Menú Cerrar

Descobre Paiosaco

PAIOSACO

Paiosaco está na parroquia de Lestón, conta cunha superficie de 4,25 km² e é o segundo núcleo máis poboado do Concello da Laracha. Linda ao norte co Concello de Arteixo, ao sur e ao leste coa parroquia de Coiro e ao oeste coa parroquia de Torás.

Os lugares que a compoñen son: A Grela, O Aguiuncho, A Barreira, A Cachada, O Castro, Centulle, O Cruceiro, Fofelle, A Ganduma, O Igrexario, Lestón, O Mesón, Paiosaco (núcleo urbano), A Porta Santa, As Rañeiras e A Torre.

O acceso principal é a través da estrada AC-552.

Destaca a famosa e coñecida Feira de Paiosaco, na que se comercializa un variado abano de produtos agrícolas, téxtiles e gastronómicos.

Coñece o Concello da Laracha

Visita a web do concello